Debo recoñecer que o dia de ontes foi espectacular (exceptuando o pleno, que se escoitaron cousas....., falarei del noutro momento).
Empezando polo baile de salón, sorprende ver rapaces tan pequenos, bailando así de ben. Darlles tamén a noraboa os profesores polo traballo realizado. En xeral a todos eles por divertirnos de forma altruísta.
Quero darlle a noraboa tamén a Abilio (Atalaia) por darlle a oportunidade a uns raparigos ( entre 13 e 16 anos ) de poder tocar.
E para rematar felicitar a eses raparigos e os seus pais, foi espectacular. Deixáronnos moi sorprendidos a todos, ver solos de guitarra, batería, saxo,...... e así de ben, incrible. Como anécdota gustaríame dicir, que fai unhos dias estivo tamén no atalaia: Rif raf é Jota Santana, pero ningún deles conseguiu o cheo absoluto que vin ontes no Pub.
2 comentarios:
¿Que pasou no pleno?
A verdade e que soaron ben os do Golpe , que vou decir eu por otra parte, pero gostaronme si, teñen recorrido , son moi novos e teñen formación musical e de momento bon gusto tamen, o Martes tocan na terraza do Asturias a ver como lles sae esta
Publicar un comentario