lunes, 14 de noviembre de 2011

SEN COMENTARIOS

http://www.cronica3.com/2011/11/a-masiva-afluencia-de-persoas-ao-magosto-do-o-valadouro-esgotou-a-maior-parte-das-existencias/

lunes, 7 de noviembre de 2011

NOTICIA DA VOZ DE GALICIA

José Manuel Lamela, alcalde popular de O Valadouro, retirou ontes a sua proposta de subir a taxa de licencia de obras e de apertura de establecementos. Según a concellala de Udival María José Fernández, actuou así tras comprobar que a oposición non estaba conforme, e o PP ten cinco dos once ediles. Udival reprochalle que non «seipa defender» as suas propias propostas.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

NOVO PLENO

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/11/02/0003_201111X2C8992.htm


ESPERO QUE O SEÑOR JOSE LUIS SE RECORDE DE RECLAMAR AS COUSAS QUE NESTE BLOG PROMETEU ...

O Sr Alcalde esta a punto de cumprir unha promesa electoral

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/11/02/0003_201111X2C5996.htm

jueves, 6 de octubre de 2011

INCRIBLE

O uso de vehículos do concello para fin particulares, esta máis que demostrado que neste concello esta a orde do dia. E máis paso por ver un neno conducindo no colo de seu pai un coche do concello, pero o colmo vino onte. O señor alcalde conducindo un coche do concello detrás da pala, conducida por un funcionario e o seu fillo dentro da cabina. O alcalde como pode consentir isto?
E máis o peor de todo e que dito funcionario circula na pala penso eu sen o carne correspondente.
Ver para crer.

domingo, 2 de octubre de 2011

nota de prensa

http://www.cronica3.com/2011/10/udival-sorprendese-de-que-o-alcalde-non-vexa-ningun-problema-no-valadouro/

martes, 20 de septiembre de 2011

Entrada o pobo

A verdade e que agora temos unha marabillosa rotonda, xa ninguén atara alí o cabalo, o burro, nin nada similar.
Agora solo falta rozar pola beira das aceras tanto desa rotonda como no anaco de estrada que vai dende a rotonda ata o tanatorio, as silvas invaden a zona de paseo.

Tamén quero aproveitar para que cal quer persoa que queira publicar algo que non esta ben o poida facer. Pode facer un comentario en cal quer entrada e logo o publicarei eu ( pode facer o comentario como anónimo) ou enviarme un correo, non revelarei os datos de ninguén e publicarase cos meus.

teadearana@gmail.com

viernes, 16 de septiembre de 2011

Recalco o tema da barandilla

Sres da corporación municipal, como observei hoxe a barandilla da que se fala neste blog segue sen poñerse. Hay algo mais importante que a seguridade dos cidadáns????
Xa houbo un aviso sen consecuencias. ¿¿que hay que esperar a unha desgracia para solucionalo??
Se estivera nas miñas mans, e me enterase de que unha nena cae dunha altura de mais de 3 metros por non haber barandilla, faltaríanme minutos para poñela barandilla é evitar que volvese acontecer. NON ME GUSTARIA SER O RESPONSABLE DUNHA DESGRACIA.

NOTICIA DA VOZ DE GALICIA

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/09/14/0003_201109X14C8993.htm

jueves, 15 de septiembre de 2011

CUNETAS E ZONAS VERDES

Un anónimo comenta neste blog o estado das cunetas, e os problemas que con-levan o seu estado, señor alcalde recordámoslle que o outono e o inverno están a chegar e con eles as choivas. Con todo o persoal que conta o concello este ano ( creo que e a época con máis traballadores). Cando conta limpa-las? Que eu sepa esos traballadores xa fixeron traballos de dudosa .....(traballos na igrexa,...) que eu sepa estamos nun pais laico, polo que e máis importante atender os veciños, estradas, cunetas,...
E outra cousiña, neste caso dirixida a oposición:

Visitaron ultimamente o paseo do rio??

Fágano por favor e fíxense con atención nos traballos de xardinería levados acabo ( corte céspede ) ou como lle queiran chamar.

Por favor Srs da oposición espero os seus comentarios, e o mesmo tempo fagan as reclamacións oportunas.

Así como tamén espero que fagan as reclamación oportunas respecto os contedores soterrados.

Cando se vai facer unha obra dentro do prazo, ben feita, sen presa, e cun presuposto acorde coa obra???

lunes, 12 de septiembre de 2011

SR ALCALDE

Hoxe quero darlle a nora boa o Sr Lamela pola rapidez en actuar na limpeza do río. Dito río quedara bastante sucio debido as festas, botellas, bolsas, etc.

Por outro lado quero facerlle unha pregunta:

Sr Alcalde levo vendo varios anos como o Hotel Vila do Val durante as festas usa a auga da fonte para o lava vaixelas, para facer o café, etc. Non teriamos dereito a un desconto????
Esa auga pagámola todas e todos os contribuíntes.

lunes, 5 de septiembre de 2011

PLENO DO VENRES


Debo darlle as grazas o Sr Rubal, xa que fixo os rogos da barandilla e mais das ramplas de minusválidos. Por outro lado o apoio de pichin o alcalde ..... sen comentarios.
En canto o tema da tesourería, Sr alcalde debería de saber que por lei ten que presentar aval a nova tesoureira, e non se lle pasaría a ninguén pola cabeza dicir nun pleno que non vai cumplir a lei.

Con isto que nos esta a dicir que non lle importan nada as leis, so o que vostede diga?

En canto a María Xosé, en fin que a súa preocupación sexa o cheiro do contedor da súa casa??? ou o cheiro do camión da basura, Non pretendera que o camión desprenda olor a perfume de chanel??? Non haberá cousas mais importantes para solucionar???

Por outro lado, María Xosé fixoi moi ben defendendo: a anterior tesoureira, e a proposta da unificación dos colexios. Moito mellor que o Alemán, e ten toda a razón.

EQUIOURO

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/09/04/0003_201109X4C8991.htm

sábado, 3 de septiembre de 2011

Espectacular venres


Debo recoñecer que o dia de ontes foi espectacular (exceptuando o pleno, que se escoitaron cousas....., falarei del noutro momento).

Empezando polo baile de salón, sorprende ver rapaces tan pequenos, bailando así de ben. Darlles tamén a noraboa os profesores polo traballo realizado. En xeral a todos eles por divertirnos de forma altruísta.

Quero darlle a noraboa tamén a Abilio (Atalaia) por darlle a oportunidade a uns raparigos ( entre 13 e 16 anos ) de poder tocar.

E para rematar felicitar a eses raparigos e os seus pais, foi espectacular. Deixáronnos moi sorprendidos a todos, ver solos de guitarra, batería, saxo,...... e así de ben, incrible. Como anécdota gustaríame dicir, que fai unhos dias estivo tamén no atalaia: Rif raf é Jota Santana, pero ningún deles conseguiu o cheo absoluto que vin ontes no Pub.



viernes, 2 de septiembre de 2011

ALUMEADO DAS FESTAS

Pareceme moi triste o alumeado das festas, ou é o do Nadal?? Dáme igual. Aparte de que e feo (para o meu gusto), pagouse un diñeiral polas luces e agora temos que roer as mesmas luces para todo. Non era mellor antes? para as festas un, pa Nadal outro, e o ano que ben outro distinto....
Sen contar, que si se estropean, funden ou rompen as reparacións corren a cargo do concello, e antes non.
De quen foi a brillante ideaaaaa???
De Eulogio non. Polo que deduzo sería cousa do ilustrísimo señor secretario.
Equivócome?? Se e así pido desculpas de ante man o señor secretario, pero a idea foi absurda.

jueves, 1 de septiembre de 2011

CASCO URBANO

De toda a xente que vive no casco urbano, cantos non coñecen unha finca preto das súas casas completamente abandonadas, nalgúns casos dende fai anos. Vexase a finca que esta entre o novo e o cine.
O ano pasado enviáronse moreas de cartas os propietarios para que rozasen as fincas, por orde da Xunta, algúns rozaron e outros non fixeron caso.
E que pasou;
Os que rozaron o ano pasado, este non rozaron, na maioría dos casos.
E os que non rozaron o ano pasado, como non lles pasou nada, este ano tampouco rozaron.
Cal e a conclusión?
O verán estase acabando, os turistas viron as fincas completamente abandonadas, non se cumpriu coa normativa contra incendios, e supoño que tampouco naide quere ter por veciño da súa casa un montón de silvas e sabe dios cantos bichos. E que lle sucede os donos. NADA.

miércoles, 31 de agosto de 2011

Rampas de minusvalidos

Pero paréceme incrible que a ninguén lle molesten esas ramplas tan empinadas, e que para un minusválido, ou a silla dun bebe ...... ten que ser unha odisea.

Cumpren coa normativa?
Por que naide fai algo o respecto?


PAXINA WEB DO CONCELLO

Para a miña sorpresa, pese a que a páxina web do Concello esta actualizada en canto a novas e demais, non se pode dicir o mesmo respecto a que o alcalde xa non e Eulogio, e debería aparecer Lamela co seu saúdo, e a Corporación municipal tampouco esta actualizada.

Cal será o motivo????

Que imaxe esta dando unha páxina web actualizada case a diario en tódolos aspectos excepto no caso de actualizar o equipo de goberno.....

SEMANA DO TEATRO

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/08/31/0003_201108X31C2995.htm

martes, 30 de agosto de 2011

Para poder publicar se alguen non o sabe basta con pulsar en comentarios .... non e necesario estar rexistrado podes escoller escribir como anónimo.

Boas tardes

Que cousas faceríades para mellorar a vida dos cidadáns do Valadouro.....?
limpar as aceras con auga a presión ensuciando os portais e os coches sin limpalos despois .....? en fin, e mentras se gastan litros e litros de auga nas aceras nin unha pinga de auga para o céspede da piscina municipal ......