Un anónimo comenta neste blog o estado das cunetas, e os problemas que con-levan o seu estado, señor alcalde recordámoslle que o outono e o inverno están a chegar e con eles as choivas. Con todo o persoal que conta o concello este ano ( creo que e a época con máis traballadores). Cando conta limpa-las? Que eu sepa esos traballadores xa fixeron traballos de dudosa .....(traballos na igrexa,...) que eu sepa estamos nun pais laico, polo que e máis importante atender os veciños, estradas, cunetas,...
E outra cousiña, neste caso dirixida a oposición:
Visitaron ultimamente o paseo do rio??
Fágano por favor e fíxense con atención nos traballos de xardinería levados acabo ( corte céspede ) ou como lle queiran chamar.
Por favor Srs da oposición espero os seus comentarios, e o mesmo tempo fagan as reclamacións oportunas.
Así como tamén espero que fagan as reclamación oportunas respecto os contedores soterrados.
Cando se vai facer unha obra dentro do prazo, ben feita, sen presa, e cun presuposto acorde coa obra???
No hay comentarios:
Publicar un comentario